lunes, 21 de julio de 2008

ACABA O I CONCURSO DE DEBUXO DOS PANOS

Xa queda oficialmente clausurado o I Concurso de debuxo dos panos das festas de Maceda.

A gañadora desta 1ª edición foi a Proposta 2. Noraboa e grazas por participar, tanto ós concursantes como a todas as persoas que votaron na web e no concello.

Agardámosvos o ano que vén, así que ídelle dando ás neuronas e preparando os vosos debuxos, que este ano só houbo dous!

Dentro duns días xa vos diremos onde conseguir os panos. Esperamos que vos animedes todos a compralos e que Maceda se vista enteiramente con eles!

Un saudo e grazas.

Ata pronto.

No hay comentarios: