lunes, 21 de julio de 2008

ACABA O I CONCURSO DE DEBUXO DOS PANOS

Xa queda oficialmente clausurado o I Concurso de debuxo dos panos das festas de Maceda.

A gañadora desta 1ª edición foi a Proposta 2. Noraboa e grazas por participar, tanto ós concursantes como a todas as persoas que votaron na web e no concello.

Agardámosvos o ano que vén, así que ídelle dando ás neuronas e preparando os vosos debuxos, que este ano só houbo dous!

Dentro duns días xa vos diremos onde conseguir os panos. Esperamos que vos animedes todos a compralos e que Maceda se vista enteiramente con eles!

Un saudo e grazas.

Ata pronto.

miércoles, 16 de julio de 2008

GRAZAS A TODOS

Grazas a todos por votar e participar. Seguide así que se está animando a cousa.

O luns pola mañá xa non admitimos votos e procederemos a contar os que deixades no concello.

Os panos estarán a venda nos bares de Maceda e nalgún que outro comercio. Xa vos informaremos máis adiante con máis detalle, cando saibamos ó cen por cen onde os imos vender.

Moitas grazas por participar!

Unha aperta.


lunes, 14 de julio de 2008

Proposta 2




Aquí vos deixo a segunda proposta. Agora si que podedes votar cal vos gusta máis.

viernes, 11 de julio de 2008

Proposta 1


Aquí vos deixo a primeira e de momento única proposta que temos para o concurso dos panos das festas.

Evidentemente, non fai falla que a votedes ata ter outra (esperemos que tamén "outras") proposta.

Un saudiño, pero non moi forte, porque non deixastes ningún debuxo! Jejeje!