viernes, 27 de junio de 2008

¡¡¡DESEÑA O PANO DAS FESTAS 2008!!!

Este ano queremos facer algo novo para as Festas das Neves.
¡¡¡O teu debuxo pode ser o elixido para realizar os panos das Festas!!!

¡¡¡PARTICIPA NO DESEÑO DOS PANOS DAS FESTAS DE MACEDA 2008!!!

DEIXA O TEU DEBUXO ATA O 12 DE XULLO NO CONCELLO OU MÁNDAO Ó CORREO
manzanedadelimia@hotmail.com,
acompañado do teu nome, dos teus apelidos e do teu enderezo.

PODERÁS VOTAR ENTRE O 13 E O 20 DE XULLO NO BLOG manzanedadelimia.blogspot.com ou no concello.


O PREMIO SON 4 TICKETS PARA A CEA POPULAR DAS FESTAS DAS NEVES


TEMA:
FESTAS DE MACEDA 2008


ORGANIZA:
ASOCIACIÓN MANZANEDA DE LIMIA coa colaboración do CONCELLO DE MACEDA

UNHA ASOCIACIÓN XUVENIL E CULTURAL DE MACEDA

Este blog xurdiu como unha iniciativa para dar a coñecer a nosa Asociación Xuvenil e Cultural. Somos de Maceda, unha aldea a 25 km de Ourense, orgullosos de vivir coa Serra de San Mamede como testemuña do correr dos días.

Pode que o nome de Maceda se dese a coñecer polo castelo, como monumento ou como fonte de conflito. Marabilloso resto do esplendor medieval, un dos poucos castelos que sobreviviron ás revoltas Irmandiñas.

Valla isto como presentación, aínda que para describir o que nos rodea nestes intres necesitaría mil mensaxes máis.

Benvidos á unha ventá máis de Maceda.