viernes, 27 de junio de 2008

UNHA ASOCIACIÓN XUVENIL E CULTURAL DE MACEDA

Este blog xurdiu como unha iniciativa para dar a coñecer a nosa Asociación Xuvenil e Cultural. Somos de Maceda, unha aldea a 25 km de Ourense, orgullosos de vivir coa Serra de San Mamede como testemuña do correr dos días.

Pode que o nome de Maceda se dese a coñecer polo castelo, como monumento ou como fonte de conflito. Marabilloso resto do esplendor medieval, un dos poucos castelos que sobreviviron ás revoltas Irmandiñas.

Valla isto como presentación, aínda que para describir o que nos rodea nestes intres necesitaría mil mensaxes máis.

Benvidos á unha ventá máis de Maceda.

No hay comentarios: